Avisos legais

Propiedade da páxina web e os seus contidos

Esta páxina web é propiedade do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIUS), pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, con CIF Q1518001A, e domicilio na Praza do Obradoiro s/n, coa finalidade de difundir as actividades do centro e achegala ás persoas ou entidades interesadas.

A USC e as entidades colaboradoras nas actividades desenvolvidas no centro (segundo o caso) son as titulares dos dereitos de propiedade intelectual e industrial da totalidade dos contidos aloxados nesta páxina web, así coma dos resultados da investigación en forma de vídeos ou aplicacións web (demostradores) mostrados no sitio. Os logotipos dos organismos colaboradores pertencen ás entidades correspondentes.

Normativa de uso

O usuario comprométese a utilizar esta páxina web sen encorrer en actividades que poidan ser consideradas ilícitas ou ilegais, que incumplan os dereitos do CITIUS ou terceiras entidades, ou que poidan danar, sobrecargar ou deteriorar o servizo ou o seu correcto funcionamento.

Exención de responsabilidade

Toda a información contida nesta web publícase con efectos meramente informativos. O CITIUS non se compromete e declina toda responsabilidade sobre o mantemento e actualización destes datos. Aínda que se realizarán os esforzos necesarios para que toda a información contida na web sexa exacta, non se descarta a existenza de erros nos contidos deste sitio web. 

O CITIUS declina toda responsabilidade sobre os contidos das páxinas externas enlazadas dende este sitio web.

Política de privacidade

Este sitio web utiliza Matomo Analytics que monitoriza a seguinte información anonimizada: dirección IP do usuario (anonimizada en dous bytes), hora e data de cada petición, título da páxina que se está a ver, URL da páxina que se está a ver, URL da páxina que se viu antes da actual, resolución de pantalla, hora no fuso horario actual do usuario, arquivos que foron pulsados e descargados, ligazóns a dominios externos que foron pulsados, duración temporal da xeración das páxinas, latitude e lonxitude do usuario (aproximada a nivel de país baseándose na dirección IP), idioma principal do navegador (cabeceira Accept-language), identificador do navegador (cabeceira User-Agent).

Esta información é almacenada nunha base de datos relacional. A información almacenada é usada só con fins estatísticos para auditorías internas e externas e mantense almacenada en bruto durante un período de dous anos. O acceso aos datos está limitado ao persoal que traballa no centro e non seon transferidos en ningún caso a terceiros. Sí poderán ser comunicados resumos e estatísticas dos datos a terceiros a través de presentacións, memorias de actividades e outros medios. Se non desexas que a páxina monitorice esta información, podes indicalo na seguinte casilla (por cuestións técnicas, en inglés).

Non se poden exercer os dereitos contemplados no RXPD (acceso, rectificación, borrado e limitación op tratamento, portabilidade dos datos) ao tratarse de datos aninimizados antes do seu almacenamento. Se queres facer algunha consulta referente a túa privacidade visitando esta páxina, podes usar o correo electrónico citius.tic@usc.es.

Tamén se fai uso de cookies de preferencias para almacenar algunhas opcións, como o idioma actual da páxina, e cookies de sesión para poder manter as sesións de usuarios que iniciasen sesión na páxina. Estas cookies non se poden desactivar, xa que son necesarias para que a páxina funcione de xeito adecuado.

Uso de software libre

Esta páxina utiliza o xestor de contidos Drupal, liberado baixo a GNU GPL v2. As imaxes e plantillas creáronse coa axuda de Inkscape e Gimp, tamén liberados baixo a GNU GPL v2.