Grao e Máster

O noso obxectivo é animar aos estudantes a optar por unha carreira científica mediante unha primeira experiencia nun centro de investigación e para iso ofrecemos as seguintes opcións:

  • Bolsas de verán CiTIUS: 12 bolsas destinadas a estudantes a partires de terceiro curso de Grao. Os candidatos colaboran nun proxecto de investigación durante o mes de xullo e participan en todas as actividades do CiTIUS.
  • Bolsas de colaboración (MEC): 3 bolsas ao ano destinadas a estudantes de último curso de Grao ou de primeiro curso de Máster que queiran compaxinar os seus estudos coa participación nun proxecto de investigación.
  • Traballos Fin de Grao e Fin de Máster: todos os anos ofertamos proxectos relacionados coas nosas liñas de investigación na Escola Técnica Superior de Enxeñaría.