Historia e Organización

Historia

No ano 2009 constitúese a Agrupación Estratéxica CiTIUS, xermolo do Centro, que foi recoñecida como unha das oito Agrupacións Estratéxicas do Programa de Consolidación e Estruturación da Xunta de Galicia nese mesmo ano.

Posteriormente, no ano 2010, créase o CiTIUS como centro pertencente á Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus Vida, baixo a dirección comisaria do Prof. Dr. Paulo Félix Lamas. Ao Centro adscríbense inicialmente 32 investigadores, tras un proceso de avaliación por parte da Comisión Científica Externa.

No ano 2012, os investigadores trasládanse ás actuais instalacións no Campus Vida.

En decembro de 2016, o CiTIUS consolídase entrando a formar parte das sete entidades acreditadas no Programa de axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema Universitario de Galicia.

En maio de 2019, o CiTIUS reorganiza a súa estrutura de dirección, poñendo en marcha unha Dirección Científica a cargo do Prof. Dr. Senén Barro Ameneiro, apoiada por unha Dirección Adxunta a cargo do Prof. Dr. Paulo Félix Lamas, ata ese momento Director Comisario. Así mesmo, o centro reorienta a súa especialización temática cara as Tecnoloxías Intelixentes, recoñecendo desta forma a focalización progresiva da actividade investigadora do centro cara a esa área.

En decembro dese mesmo ano, o CiTIUS é recoñecido como un dos oito Centros de Investigación de Galicia no marco do Programa de axudas para a acreditación, estruturación e mellora dos centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia, sendo o único centro no ámbito das Tecnoloxías Intelixentes.

En abril de 2020, a Prof. Dra. Paula López Martínez releva ao Prof. Dr. Paulo Félix Lamas na Dirección Adxunta del centro, tras máis de diez años de crecemento e consolidación do centro baixo a súa dirección.

Organización

O modelo organizativo do CiTIUS básase no modelo da Rede de Centros Singulares de Investigación da USC:

Modelo organizativo

A dirección e xestión do CiTIUS corresponden á Dirección Científica e á Dirección Adxunta. Na actualidade, o Director Científico do Centro é o Prof. Dr. Senén Barro Ameneiro e a Directora Adxunta é a Prof. Dra. Paula López Martínez.

No modelo organizativo do CiTIUS adquire un papel relevante o asesoramento prestado por dúas comisións externas:

  1. A Comisión Científica Externa asesora á dirección do CiTIUS, avalía periodicamente o desenvolvemento da súa actividade científica e asesora sobre a adscrición de novos investigadores. Actualmente formada por sete investigadores de recoñecido prestixio:
    • Prof. Dr. Ramón López de Mántaras, do Institut d’Investigació en Inteligéncia Artificial do Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).
    • Prof. Dr. David Atienza, da École polytechnique fédérale de Lausanne (EPFL).
    • Prof. Dr. Gustavo Alonso, da Eidgenössische Technische Hochschule Zürich (ETHZ).
    • Prof. Dr. Francisco Tirado, da Universidade Complutense de Madrid (UCM).
    • Prof. Dr. Pedro Larrañaga, da Universidade Politécnica de Madrid (UPM)
    • Prof. Dra. Maite Taboada, da Simon Fraser University (SFU).
    • Prof. Dra. Yolanda Gil, da University of Southern California (USC).
  2. O Consello Empresarial As súas principais funcións son establecer novas fórmulas de colaboración nos ámbitos dos recursos humanos, formación e transferencia de tecnoloxía ó tecido industrial, establecer unha canle de comunicacións que permita identificar intereses comúns a explorar e desenvolver fórmulas de patrocinio e financiamento privado. Actualmente está formado por profesionais de empresas de claro liderado tecnolóxico:
    • Clara Jiménez, Directora de Innovación, Accenture.
    • Elías Castro, Account Manager, DXC Technology.
    • Antonio Agrasar, Conselleiro Delegado, Plexus.
    • David Pascual Portela, Head of Indraventures, Indra.
    • María Antonia Otero, socia fundadora e CEO de Tenestilo.com
    • Nuria Oliver, Director of Research in Data Science at Vodafone.
    • Antonio Rodríguez del Corral, Presidente do Cluster TIC Galicia.

A Comisión Reitora é o órgano superior de goberno e está formada polos seguintes membros da USC:

  • Antonio López Díaz, Reitor da USC e Presidente da Comisión.
  • José Alberto Díez de Castro, Secretario Xeral de Universidades.
  • Vicente Pérez Muñuzuri, Vicerreitor de investigación.
  • Javier Ferreira Fernández, Xerente da USC.
  • Cecilia Sierra Rey, Presidenta do Consello Social.
  • Senén Barro Ameneiro, Director Científico do CiTIUS.
  • Paula López Martínez, Directora Adxunta do CiTIUS.

O centro conta tamén cunha estrutura interna, a Comisión de Apoio á Dirección, formada por 7 investigadores adscritos, a Dirección Científica, a Dirección Adxunta e a Unidade de xestión do coñecemento e a transferencia. As súas principais funcións son asesorar á dirección na toma de decisións e colaborar na planificación estratéxica do CiTIUS.

A estrutura de xestión do Centro compleméntase coas catro Áreas de apoio:

  • Área Estratéxica - Unidade de xestión do coñecemento e a transferencia: céntrase na identificación de novas oportunidades de financiamento, a xestión da transferencia de coñecemento e tecnoloxía, a protección de resultados, a proxección exterior do CiTIUS e o apoio ao emprendemento.
  • Área Técnica - Unidade de xestión de infraestruturas TIC: realiza a xestión da adquisición de equipamento informático e técnico, xestión de inventario, administración de sistemas e servizos, desenvolvemento e xestión das ferramentas software que soportan o funcionamento do Centro incluíndo a web do mesmo, e formación de usuarios.
  • Área de Comunicación - Unidade de prensa e comunicación: encargada de difundir a actividade do Centro nos medios de comunicación no seu sentido máis amplo.
  • Área Administrativa - Unidade de xestión económica e administrativa: desenvolve as funcións de xestión económica, xestión de persoal, xestión administrativa, xestión documental e elaboración da memoria de actividades.