Instalacións

Laboratorios

O CiTIUS conta con tres laboratorios de experimentación equipados con infraestruturas específicas.

Laboratorio de robótica

Este laboratorio está acondicionado para a investigación e experimentación con robots autónomos. Dispón de 97m2 e un sistema de localización con cámaras que permite coñecer de forma precisa a posición dos robots.

Actualmente o centro dispón de 5 robots autónomos (4 Pioneer e 1 Robosoft), estando 2 de eles habilitados para operar en exteriores. Tamén dispoñemos dun robot humanoide (Nao). Os robots están equipados con sensores de contacto, ultrasons, escáner láser, infravermellos. Adicionalmente, tamén se dispón de equipamento de sensorización para os robots: cámaras de visión, unha cabeza estereoscópica, un sistema de eye-tracking e sensores Kinect.

Laboratorio de contidos dixitais

Este laboratorio está acondicionado para a experimentación na interacción persoa-computadora, en animación 3D e en prototipos de contornos de realidade virtual e realidade aumentada. A infraestrutura máis singular deste laboratorio é o sistema inmersivo de realidade virtual CAVE (Cave Automatic Virtual Environment), cunha pantalla e solo, un sistema de captura de movemento e unha estación de rendering.

Adicionalmente, tamén se dispón de diversos dispositivos de interacción e equipos de altas prestacións para o desenvolvemento de prototipos de videoxogos e interfaces con realidade aumentada, con recoñecemento de emocións faciais e corporais.

Laboratorio de tecnoloxías de inmersión (Living Lab)

O propio CiTIUS concíbese como un laboratorio para a experimentación na inmersión de persoas nun contorno intelixente. No Centro instalouse unha rede inalámbrica de sensores (WSN, Wireless sensor Network) con diferentes tipos de sensores ambientais, como por exemplo de temperatura, humidade, infravermellos, luminosidade, etc.

Infraestruturas

As infraestruturas computacionais do CiTIUS empréganse para dar o soporte computacional necesario para o funcionamento do centro, así como para a investigación en computación de altas prestacións e o desenvolvemento de proxectos en colaboración co sector industrial. O edificio CiTIUS dispón dun moderno CPD, baseado en servidores en formato blade así como servidores en formato rackable.

Estes recursos computacionais permiten que o CiTIUS dispoña da capacidade para desenvolver proxectos e servizos nas seguintes liñas:

  • Paralelización de aplicacións
  • Optimización de aplicacións en arquitecturas multinúcleo
  • Optimización de aplicacións por medio de computación en GPGPU
  • Deseño e desenvolvemento de arquitecturas cloud

Servizos de Computación de Altas Prestacións

Clúster HPC

O CiTIUS conta cun clúster heteroxéneo de computación composto de 18 nodos, no que os investigadores do centro poden executar aplicacións computacionalmente custosas:

  • 8 nodos HP Proliant BL685c G7, cada un con 4 procesadores AMD Opteron 6262 HE (16 núcleos) e 128 GB de RAM.
  • 5 nodos Dell PowerEdge M910, cada un con 4 procesadores Intel Xeon L7555 (8 núcleos, 16 fíos) e 64 GB de RAM.
  • 5 nodos Dell PowerEdge M620, cada un equipado con 2 procesadores Intel Xeon E5-2650L (8 núcleos, 16 fíos) e 64 GB de RAM.
  • Os nodos computacionais están conectados entre si con redes 10 GbE.

Este clúster conta cun espacio de almacenamento superior a 6 TB, accesible en todos os nodos mediante un sistema de ficheiros compartido. A xestión dos traballos realízase a través do sistema de colas PBS/Torque.

O software instalado actualmente neste sistema inclúe o paquete de compiladores GNU/GCC, JAVA, Python, o paquete estatístico R, MATLAB, diferentes librerías de paso de mensaxes MPI, así como diversos simuladores de dispositivos electrónicos comerciais.

Servidores GPU

O CiTIUS dispón de varios servidores equipados con diferentes tarxetas gráficas dispoñibles para aqueles usuarios que precisen este tipo de infraestrutura para a execución dos seus programas ou para desenvolver aplicacións baixo o paradigma de computación GPGPU.

  • Servidor Supermicro X8DTG-D (1 Intel® Xeon® CPU E5520 @ 2.27GHz, 12 GB RAM)
    • 2 Nvidia GF100 [Tesla S2050]
    • 1 Matrox MGA G200W WPCM450
  • Servidor Dell Precision R5400 (1 Intel® Xeon® CPU E5540 @ 2.83GHz, 8 GB RAM)
    • 2 Nvidia G98 [Quadro NVS 295]
    • 1 Nvidia GF110 [Geforce GTX 580]
  • Servidor Dell PowerEdge R720 (1 Intel® Xeon® CPU E5-2069 @ 2.5GHz, 16 GB RAM) con chasis de expansion PCIexpress Netstor NA265A
    • 1 Nvidia GeForce GTX Titan [Kepler GK110] 6GB
    • 1 Nvidia GeForce GTX Titan X [Pascal] 12GB

Computación paralela

O CITIUS dispón de servidores equipados con procesadores e coprocesadores que proporcionan enorme paralelismo e vectorización para admitir os aplicativos informáticos de alto rendemento máis esixentes.

  • Estación de trabajo Asus ESC1000G2 (1 Intel® Xeon® CPU E5-2609 v2 @ 2.5GHz, 16 GB RAM) con un coprocesador Intel Xeon PHI 3120A (57 núcleos @1.1GHz ) con Intel Parallel Studio XE P2013.
  • Servidor Dell PowerEdge R720 (2x Intel Xeon E5-2630Lv2 @2.4GHz, 32 GB RAM) con un coprocesador Intel Xeon PHI 7120P (61 núcleos @1.24 GHz) con Intel Parallel Studio XE 2015.
  • Servidor Dell C6320P nun chasis C6300 con un procesador Intel Xeon PHI 7250 (68 núcleos @1.4GHZ, 48 GB RAM).

Servizos de cloud IaaS

O centro conta cun contorno virtual na nube a disposición dos usuarios. Configurado como unha infraestrutura como servizo (IaaS), permite aos usuarios do CiTIUS a creación das súas propias máquinas virtuais con sistemas operativos Linux e Windows. Os usuarios teñen un control absoluto sobre estas máquinas virtuais polo que son axeitadas para a instalación de servizos de apoio á investigación como servidores web ou servidores de aplicacións, así como para crear contornos de desenvolvemento e probas.

Por outro lado, dita infraestrutura permite a creación de grupos de traballo en torno a proxectos con recursos compartidos, facilitando así o traballo en equipo.

A nube compoñese de 5 nodos Dell PowerEdge M620, cada un equipado con 2 procesadores Intel Xeon E5-2650L (8 núcleos, 16 fíos) e 64 GB de RAM.

Servizos de xestión

A Unidade de Xestión de Infraestruturas apoia aos investigadores do centro no desenvolvemento dos servizos necesarios para proporcionar un contorno axeitado para o desenvolvemento das súas labores investigadoras:

  • Distribución de escritorio Ubuntu personalizada e xestionada de forma centralizada.
  • Perfís remotos con copias de seguridade automáticas.
  • Servidores de arquivos compartidos.
  • Xestores de proxectos con aloxamento utilizando software de control de versións.