Organización

A USC quixo dotar ao CiTIUS dun modelo de organización, xestión, dirección e avaliación propio dos máis modernos e avanzados centros de investigación internacionais. Este modelo de organización é común a todos os centros da Rede de Centros Singulares de Investigación da USC.

Dende a súa creación no ano 2010, o Dr. Paulo Félix Lamas é o Director comisario do CiTIUS. Na actualidade, hai 32 investigadores adscritos ao centro. O persoal investigador compleméntase con investigadores en formación, predoutorais e postdoutorais. Na súa totalidade, máis de 100 científicos traballan actualmente no CiTIUS.

Esquema organizativo

No modelo organizativo do CiTIUS adquire un papel relevante o asesoramento prestado por dúas comisións externas:

  1. A Comisión Científica Externa, formada por personalidades de recoñecido prestixio científico, seleccionan aos investigadores do CiTIUS. Esta Comisión ten por funcións asesorar ao Director do CiTIUS sobre a evolución do centro e avaliar periódicamente o desenvolvemento da súa actividade. Actualmente componse dos seguintes científicos:
    • Prof. Dr. Ramón López de Mántaras, director do Instituto de Investigación en Intelixencia Artificial do Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).
    • Prof. Dr. Isidro Ramos Salavert, do Departamento de Sistemas Informáticos y Computación da Universidade Politécnica de Valencia (UPV).
    • Prof. Dr. Jaime Carbonell, director do Language Technologies Institute na Universidade de Carnegie Mellon (CMU).
    • Prof. Dr. Gustavo Alonso, do Departamento de Computer Science da Escola Politécnica Federal de Zúrich (ETHZ).
    • Prof. Dr. Francisco Tirado, director do Centro de Supercomputación Complutense da Universidade Complutense de Madrid (UCM) e membro do padroado e do Consello Asesor Científico do Parque Científico de Madrid.
  2. O Consello Empresarial está formado por profesionais de empresas e administracións de claro liderado tecnolóxico. As súas principais funcións son establecer novas fórmulas de colaboración nos ámbitos de recursos humanos, formación e transferencia de tecnoloxía ó texido industrial, establecer un canal de comunicación que permita identificar intereses comúns a explorar e desenvolver fórmulas de patrocinio e financiamento privado. Actualmente inclúe a un conxunto de axentes nacionais do mundo empresarial:
    • Clara Jiménez, Directora de Innovación, Accenture.
    • Jesús Ruíz, Director de Industry 4.0 (Industrial IoT), Banco Santander.
    • Andrés García-Rodeja, Responsable de Analytics & Data Management Iberia Delivery Manager, Hewlett Packard Enterprise.
    • Antonio Agrasar, Conselleiro Delegado, Plexus.
    • Antonio Rodríguez del Corral, Director de Innovación, Euskaltel.
    • María Antonia Otero, socia fundadora e CEO de Tenestilo.com
    • Juan José de Santiago, Director de alianzas de Vodafone.

A Comisión Reitora é o órgano superior de goberno e está formada polos seguintes membros da USC:

  • Juan Viaño Rey, Reitor da USC e Presidente da Comisión.
  • Isabel Rodríguez-Moldes Rey, Vicerreitora de investigación.
  • José Manuel Villanueva Prieto, Xerente da USC.
  • José María Arias Mosquera, Presidente do Consello Social.
  • Rogelio Conde-Pumpido Tourón, Director de Xestión e Valoración de I+D+i.
  • Paulo Félix Lamas, Director comisario do CiTIUS.

O Centro tamén conta con dúas estruturas internas:

  1. O Consello Científico está formado polo Director e un representante de cada programa científico do CiTIUS. Este órgano ten como principal misión asesorar ao Director Científico do centro sobre os programas en materia científica, tecnolóxica e de transferencia do coñecemento.
  2. A Comisión de Apoio á Dirección, formada por 5 investigadores adscritos e o Director do Centro. As súas principais funcións son asesorar ao Director na toma de decisións, colaborar na planificación estratéxica do CiTIUS e coordinar o desenvolvemento de programas de actuación propios.

A estrutura de xestión do Centro compleméntase coas catro Unidades de Apoio:

  • Unidade de Xestión da Innovación: céntrase na identificación de novas oportunidades de financiamento, a xestión da transferencia de coñecemento e tecnoloxía, a protección de resultados, a proxección exterior do CiTIUS e o apoio ao emprendemento.
  • Unidade de Xestión Económica e Administrativa: desenvolve as funcións de xestión económica, xestión de persoal, xestión administrativa, xestión documental e elaboración da memoria de actividades.
  • Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC: realiza a xestión da adquisición de equipamento informático e técnico, xestión de inventario, administración de sistemas e servizos, desenvolvemento e xestión das ferramentas software que soportan o funcionamento do Centro incluíndo a web do mesmo, e formación de usuarios.
  • Unidade de Prensa e Comunicación: encargada de difundir a actividade do Centro nos medios de comunicación no seu sentido máis amplo. Na actualidade traballa de forma coordinada para os tres Centros da Rede de Centros Singulares de Investigación de Campus Vida.