Contacto e Localización

Contacto

(Formulario)

Dirección

Paulo Félix Lamas (Director comisario)
Correo electrónico: paulo.felix [at] usc.es
Teléfono: +34 8818 16406

Secretaría

Contacto: Rosa María Hernández Vicente
Correo electrónico: rosamaria.hernandez [at] usc.es
Teléfono: +34 8818 16404
Fax: +34 8818 16405

Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC

Contacto: Jorge Suárez de Lis
Correo electrónico: citius.tic [at] usc.es
Teléfono: +34 8818 16409

Unidade de Xestión da Innovación

Contacto: Félix Díaz Hermida
Correo electrónico: citius.idi [at] usc.es
Teléfono: +34 8818 16410

¿Buscas a alguén?

Directorio

Dirección

Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS)
Rúa de Jenaro de la Fuente Domínguez s/n, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela

Localización

Coordenadas: 42.87348, -8.55779

Como chegar

En avión

O aeroporto máis próximo é o Aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela, e sitúase a aproximadamente 16 km do CiTIUS. Para chegar ao centro de Santiago de Compostela, pódese tomar o Aerobús da Empresa Freire até a Rúa do Doutor Teixeiro, que está a 1,3km do CiTIUS. Dende alí, pódese chegar andando (aproximadamente 15 minutos) ou en taxi.

En tren

A estación de tren de Santiago de Compostela sitúase a 1,2 km do CiTIUS na Rúa do Hórreo. Dende alí, pódese chegar andando (aproximadamente 20 minutos) ou en taxi.

En transporte urbano

Nas proximidades do CiTIUS, na Avenida Mestre Mateo e na Rúa de Lope Gómez de Marzoa, hai paradas de autobús nas que paran autobuses urbanos da liña 15 da empresa Tussa. Nas paradas situadas na Avenida Mestre Mateo, tamén paran autobuses dirección Bertamiráns e outros municipios. Na Avenida Rosalía de Castro paran autobuses dirección A Coruña, Pontevedra, Vigo, Ferrol e máis lugares. Máis información en Transporte Metropolitano de Galicia

En coche

Dende a autopista AP-9, tomar a saída 75 (sentido Coruña, sentido Pontevedra) cara Santiago Sur (Ver indicacións completas).