EmprendeLab: «Lasa Apsos, museos e achicoria»

Daniel Torres Mancera , director da Fundación CSEV (Centro Superior para o Ensino Virtual), participará nas xornadas sobre emprendemento organizadas polo CiTIUS no marco do programa Emprendelab, presentado o pasado venres polo presidente de RedEmprendia, Senén Barro.

Na súa intervención, Torres presentará a evolución da figura do emprendedor na sociedade, reconstruída progresivamente nos últimos anos. Un contexto do que se tirarán visións, experiencias,... e mesmo algunha sorpresa, coas que se pretende probar de qué xeito o espírito emprendedor volve á primeira liña da actualidade.

Durante décadas o espírito emprendedor desbotouse, por falta de ferramentas axeitadas que contribuíran á súa posta en marcha. Porén, estas ferramentas (non exclusivamente tecnolóxicas) están hoxe ó alcance de calquera persoa, e miles de emprendedores as utilizan xa como pancas de crecemento persoal e profesional.

Na sesión establecerase un intenso diálogo sobre estas cuestións, aproveitando tódolos instrumentos dispoñibles para varrer as tradicionais fronteiras entre os eidos da aprendizaxe, a participación cidadá, o goberno e a innovación aberta.

Notas sobre Daniel Torres

Daniel Torres Mancera é Enxeñeiro de Telecomunicacións polo Instituto de Empresa, e Máster Executive MBA por ISEM (Universidade de Navarra). Dende hai 20 anos, traballa no ámbito de desenvolvemento de proxectos e negocios da Sociedade da Información, tanto no sector privado coma na Administración Pública. Na actualidade dirixe a Fundación privada Centro Superior para la Enseñanza Virtual (CSEV).

Antes de incorporarse a esta fundación, foi director do Observatorio Nacional das Telecomunicacións e a Sociedade da Información, así como asesor do Secretario de Estado de Telecomunicaicóns. Como docente dirixiu áreas académicas en distintas escolas de negocios, colaborando asemade con numerosas organizacións non gubernamentais (ONGs).