Adrián Arias Abreu

INVESTIGADOR PREDOUTORAL

Bio

Estudei Enxeñaría Industrial especialidade electrónica-automática (Grao + Máster) na Universidade de Vigo e fixen o meu Proxecto Fin de Carreira de Enxeñaría Industrial en robótica móbil na Universidade de Siegen (Alemaña). Ademais, cursei un Máster de Neurociencia da Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente son estudante de doutorado en el CiTIUS dentro do programa de doutorado en Neurociencia.


O obxectivo principal da miña investigación é intentar entender a función que desenvolve a retina como unidade de procesamento da información visual e a súa relevancia para as estruturas de procesamento posteriores. No noso equipo temos como propósito desenrolar un modelo computacional das células ganglionares da retina (RGC) de vertebrados, de tal xeito que o modelo sexa capaz de predicir as respostas dun número representativo destas células cando son estimuladas cun estímulo visual espazo-temporal arbitrario procedente de calquera entorno natural tendo en conta os movementos normais do ollo. Ademais, estamos especialmente interesados nas consecuencias de procesamento neuronal subxacentes da segregación do estímulo visual na retina nos dous camiños paralelos de procesamento denominados camiños On e Off.

Contacto

E-mail: adrian.arias [at] usc.es
Espazo: Laboratorio S1
Teléfono: +34 8818 16387
Redes sociais: