Arturo Casal Villar

INVESTIGADOR PREDOUTORAL

Bio

Obtiven o título de Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas no ano 2009, o título de graduado en Enxeñaría Informática no 2010 e o título de Máster en Investigación en Tecnoloxías da Información no 2011 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Son investigador predoutoral no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Os meus intereses en investigación son: servizos web, cloud computing, autonomic computing e automatización de procesos. Na actualidade traballo nun sistema software capaz de executar fluxos de traballo baseado en ontoloxías capaz de executarse nun entorno cloud computing permitindo a modificación en quente dos fluxos de traballo durante a súa execución. As aplicacións prácticas do sistema hoxe en día son o procesamento de imaxes médicas e a execución de guías médicas de diabetes personalizadas.

Contacto

E-mail: arturo.casal [at] usc.es
Redes sociais: