Eithne Keane

INVESTIGADORA

Bio

A miña formación académica inclúe unha Licenciatura en Dereito e Lingua Española (Universidade Nacional de Galway, NUIG – 2009), un DEA - Diploma de Estudos Avanzados en Inglés Aplicado (Universidade de Santiago de Compostela, USC – 2013) e un Máster en Educación Secundaria (Universidade Internacional de Valencia, VIU – 2016).

Comecei a miña carreira na Universidade da Coruña (UDC, 2009-2011), incorporándome posteriormente á Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 2013 e 2015. Na actualidade traballo como investigadora no CiTIUS na área de Lingüística Computacional, desenvolvendo un método lingüístico-estatístico en sistemas de tradución automática.

Contacto

Espazo: Laboratorio P1
Teléfono: +34 8818 16443