Roi Méndez Fernández

Bio

Son enxeñeiro técnico en Informática de Sistemas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) dende 2007 e obtiven o título de Master en Computación na especialidade de Computación Gráfica no seo da Universitat Politècnica de Catalunya no 2009, realizando o proxecto final de dito master na University of Manchester (Inglaterra).


Os meus campos de interese céntranse na realidade virtual e aumentada, nas contornas inmersivas e na interacción persoa-ordenador. Actualmente son estudante predoutoral no CiTIUS, focalizando a miña investigación no uso de platós virtuais de televisión para a emisión de programas en directo.

Contacto

E-mail: roi.mendez [at] usc.es