Rubén Arenas Hernán

INVESTIGADOR

Bio

Obtiven o titulo de Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 2007. Durante un ano formei parte do grupo de investigación de Modelización Ambiental da ETSE (Escola Técnica Superior de Enxeñaría), desenvolvendo labores de programación de modelos preditivos.

Posteriormente centrei a miña investigación no campo da computación gráfica, realidade aumentada e novos sistemas de interacción persoa-ordenador no grupo «MAR» da USC. Actualmente sigo realizando traballos de investigación nestes eidos no CiTIUS.

Contacto

E-mail: ruben.arenas [at] usc.es
Espazo: Laboratorio P2
Teléfono: +34 8818 16477