Víctor José Gallego Fontenla

INVESTIGADOR FPU

Bio

Son Enxeñeiro Informático pola USC desde 2015 e Máster en Investigación en Inteligencia Artificial pola UIMP dende 2017. A miña vinculación co CiTIUS comezou en 2015, e ata a actualidade formei parte do equipo de traballo de varios proxectos, entre os que destacan o proxecto europeo GAMEST (Erasmus+), os proxectos nacionais BAI4SOW (Plan Nacional) e RECARGA (Plan Nacional), e os autonómicos PREBENCAR (ConectaPEME), CAREBOT (Interconecta), AVECEN (ConectaPEME) e SMARTCARDIA (ConectaPEME); nos cales desenvovin e integrei diversos sistemas de minería de procesos e procesamento de grandes fluxos de datos. Ademáis, son coautor do software de xestión do proceso de rehabilitación cardíaca PROCARDIA.

Dende 2017 estou a desenvolver a miña tese en detección de cambios estruturais en modelos de proceso. Dende finais de 2018 desfruto dun contrato FPU e previamente desfrutara dunha axuda predoutoral da Xunta de Galicia.

Contacto

E-mail: victorjose.gallego [at] usc.es
Espazo: Laboratorio S3
Teléfono: +34 8818 16397
Identificadores de investigación:
Redes sociais: