José Ramón Pichel Campos

INVESTIGADOR POSTDOUTORAL

Bio

Son enxeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña (UDC).

Son un dos fundadores/as de imaxin|software en 1997 (https://imaxin.com/gl/), empresa especializada nas tecnoloxías da linguaxe (PLN), localización e videoxogos educativos. Desde 2001, teño estado focado no desenvolvemento de proxectos de I+D+i en procesamento da linguaxe natural para a mesma empresa, como o proxecto Opentrad, unha plataforma de tradución automática en software libre (https://www.researchgate.net/publication/39437343_OpenTrad_traduccion_automatica_de_codigo_abierto_para_las_lenguas_del_Estado_espanol) e CELTIC de vixilancia tecnolóxica e PLN (https://www.indracompany.com/es/indra/celtic-conocimiento-estrategico-liderado-tecnologias-inteligencia-competitiva), onde participou o CITIUS (Dr. Juan Carlos Pichel y Dr. Paulo Gamalho).

O meu principal interese científico é o procesamento da linguaxe natural, especificamente a tradución automática. Son Doutor en Enxeñaría Informática pola EHU/UPV (Universidade do País Basco) cunha tese sobre o cálculo automático da distância entre línguas https://addi.ehu.es/handle/10810/50329?locale-attribute=es, sendo codirixida por Dr. Iñaki Alegria (IXA Taldea) e o Dr. Paulo Gamalho (CITIUS).

Estou actualmente a participar no "Proxecto Nós" desenvolvido polo CITIUS e o ILG sobre Intelixencia Artificial aplicado ao Galego.

Contacto

E-mail: jramon.pichel [at] usc.es
Espazo: Laboratorio S2
Teléfono: +34 8818 16393
Identificadores de investigación:
Redes sociais: