Alejandro Ramos Soto

INVESTIGADOR POSDOUTORAL DA XUNTA DE GALICIA

Bio

Acadei a titulación de Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 2008. No ano 2010 obtiven o título de Graduado en Enxeñería Informática e en 2011 cursei o Máster de Investigación en Tecnoloxías da Información, ámbolos dous na USC. Ademais, durante 2011 traballei no Departamento de Electrónica e Computación da USC nun proxecto de desenvolvemento dunha ferramenta CAD para a diagnose de nódulos de cancro pulmonar en colaboración co CESGA e Bahía Software.

Dende 2012 adícome á investigación aplicada nos campos de teoría de conxuntos borrosos e xeración de linguaxe natural, sobre a que desenvolvín a miña tese doutoral "Aplicación de conxuntos borrosos en sistemas data-to-text", dirixida polos profesores Alberto Bugarín e Senén Barro. Xa coa tese rematada, coma investigador posdoutoral continuo traballando na investigación interdisciplinar entre teoría de conxuntos borrosos e xeración de linguaxe natural.

Contacto

E-mail: alejandro.ramos [at] usc.es
Espazo: Laboratorio S2
Teléfono: +34 8818 16390
Identificadores de investigación:
Redes sociais: