Daniel Nagy

INVESTIGADOR POSTDOUTORAL

Bio

Obtiven o título de Enxeñeiro en Electricidade e Electrónica na Universidade de Swansea (Reino Unido) en 2011, e o Máster en Nanociencia e Nanotecnoloxía na mesma universidade en 2013, onde completei satisfactoriamente os meus estudos de doutoramento en 2016. Entre os meus intereses en investigación destaca o transporte electrónico en nano-dispositivos, en particular os FinFETs e nanofíos de porta completa ('gate-all-around nanowires') e o seu modelado e simulación usando o modelo arrastre-difusión con elementos finitos 3d e a aproximación de Montecarlo.

Actualmente son investigador posdoutoral do CiTIUS na Universidade de Santiago de Compostela, e o meu traballo está enfocado nos estudos de variabilidade dos nanodispositivos, os transistores de efecto de campo de tunelización e a computación paralela e distribuída.

Contacto

E-mail: daniel.nagy [at] usc.es
Espazo: Despacho 108
Teléfono: +34 8818 16430
Identificadores de investigación: