José Manuel Abuín Mosquera

INVESTIGADOR POSDOUTORAL DA XUNTA DE GALICIA

Bio

Son Doutor en Tecnoloxías da Información pola USC (2017), con Máster en Computación de Altas Prestacións (2013) e Grao en Enxeñería Informática (2012) pola mesma Universidade.

Mentres acadaba ditos títulos traballei en distintos sitios, entre eles o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o Departamento de Matemática Aplicada da USC, o CiTIUS, DXC Technology e o ITMATI. Tamén realicei unha estadía de investigación na Universidade Johannes Gutenberg, en Mainz (Alemaña).

Actualmente son investigador Posdoutoral no CiTIUS, mediante unha bolsa da Xunta de Galicia, coa cal me atopo realizando unha estadía no Polytechnic Institute of Cávado and Ave (IPCA), en Barcelos, Portugal.

Os meus intereses céntranse na computación de altas prestacións, as tecnoloxías Big Data, a xenómica, programación paralela e a simulación científica. Son un entusiasta da programación a baixo nivel e apaixoado do Software Libre.

Contacto

E-mail: josemanuel.abuin [at] usc.es
Espazo: Laboratorio P1
Teléfono: +34 8818 16446
Identificadores de investigación:
Redes sociais: