José María Alonso Moral

INVESTIGADOR POSTDOUTORAL

Bio

Enxeñeiro Superior en Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM) dende o 2003. Doutor pola mesma universidade dende 2007, coa máxima cualificación (Sobresaliente Cum Laude) e mención de Doutoramento Europeo. Investigador predoutoral cunha bolsa FPI de 4 anos da UPM. De 2003 a 2005, membro do equipo investigador do proxecto europeo ADVOCATE2 (IST-2001-34508). Posteriormente, investigador visitante en dous centros de investigación europeos: Cemagref, un centro de investigación agrícola e ambiental situado en Montpellier (Languedoc-Roussillon, Francia), e o "Centro Europeo de Soft Computing" (ECSC), situado en Mieres (Asturias, España). Despois, de novembro de 2007 a xaneiro de 2012, investigador postdoutoral na unidade "Fundamentos do Soft Computing" do ECSC. En xuño de 2010, investigador postdoutoral visitante na "Università degli Studi dei Bari (Dipartimento dei Informatica)". Despois, de febreiro a outubro de 2012, investigador postdoutoral Juan de la Cierva” (JCI-2011-09839) no departamento de Electrónica da Universidade de Alcalá (UAH). Posteriormente, de novembro de 2012 a maio de 2016, investigador asociado na unidade de investigación en "Computación con Percepcións" no ECSC. Dende xuño de 2016, investigador postdoutoral no "Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS)”. Actualmente, secretario da sociedade europea de Lóxica e Tecnoloxías Fuzzy (EUSFLAT), vice-presidente do grupo de traballo sobre "Fuzzy Systems Software" no comité técnico de "Fuzzy Systems" na asociación internacional "IEEE Computational Intelligence Society", editor asociado da revista internacional "IEEE Computational Intelligence Magazine" (ISSN:1556-603X), indexada no ISI-JCR da "Web of Knowledge", e autor de máis de 85 publicacións en revistas internacionais, capítulos de libros e congresos, con revisión por pares.

Contacto

E-mail: josemaria.alonso.moral [at] usc.es
Espazo: Despacho 109
Teléfono: +34 8818 16432
Identificadores de investigación:
Redes sociais: