Marcos Garcia González

INVESTIGADOR POSTDOUTORAL

Bio

Son licenciado en Filoloxía Portuguesa pola USC e mestre en Lingüística pola Universidade de Lisboa. Doutoreime na USC en 2014, especializándome en Lingüística Computacional. Entre 2016 e 2020 traballei como investigador posdoutoral (Juan de la Cierva) no Grupo LyS da Universidade da Coruña.

No ámbito da Lingüística Computacional traballei en diferentes áreas, como a anotación sintáctica e morfosintáctica, a extracción de información ou a semántica distribucional. Actualmente o meu principal interese de investigación é a identificación e clasificación de expresións multipalabra.

Contacto

E-mail: marcos.garcia.gonzalez [at] usc.es
Espazo: Despacho 106
Teléfono: +34 8818 16427