Pablo Quesada Barriuso

PROFESOR AXUDANTE DOUTOR

Bio

En 2010 incorporeime ao Grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade de Santiago de Compostela como asistente de investigación, e recibín o título de Doutor en Investigación en Tecnoloxías da Información pola mesma Universidade en 2015 con mención internacional e Cum Laude.

Fun profesor interino por substitución na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela de 2015 a 2017. En 2017 obtiven a acreditación de ANECA como Profesor Axudante Doutor e na actualidade son profesor na área de Arquitectura e Informática da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela

Os meus intereses en investigación inclúen procesamento de datos multi / hiper espectral en dispositivos de baixo custo centrados na extracción de características e na análise de datos de teledetección co obxectivo de reducir o tempo de transferencia, aforrar espazo de almacenamento e acelerar a análise de datos para procesamento en tempo real. Tamén estou interesado en transferir os meus coñecementos sobre imaxe hiperspectral ao campo da imaxe médica.

Contacto

E-mail: pablo.quesada [at] usc.es
Espazo: Laboratorio P2
Teléfono: +34 8818 16473
Identificadores de investigación: