Patricia Martín Rodilla

INVESTIGADORA JUAN DE LA CIERVA

Bio

Enxeñeira Superior en Informática (UPSA, 2010) e Máster en Sistemas Intelixentes pola Universidade de Salamanca (USAL, 2011), sempre tiven interés porque la investigación en informática chegara á cidadanía. No 2010 co-fundei unha spin-off enfocada no desenvolvemento de tecnoloxias de tratamento semántico e explotación software da información en dispositivos móbiles a dominios non explotados, desenvolvendo proxectos culturais, de edición dixital e de humanidades dixitais transmedia. A finais do 2011 obtiven unha beca JAE-Pre (CSIC) para realizar a miña tese doctoral nun programa conxunto entre a Universidade Politécnica de Valencia (UPV) e o Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit-CSIC), onde propuxen e validei un marco para o deseño e desenvolvemento de ferramentas software que asisten en tarefas complexas de análises de datos e xeración de coñecemento a profesionais en humanidades, evaluando as posibilidades de aplicación de tecnoloxías semánticas (modelado conceptual, ontoloxías, minería de textos e datos, procesamento da linguaxe natural, analise do discurso...) a repositorios de datos en humanidades. 

Durante a tese realicei estancias de investigación en Sidney (University of Technology Sidney), Santiago de Chile (Universidad Andrés Bello), París (Centre de Recherche en Informatique, Université Paris 1-Panthéon Sorbonne) e Lisboa (NOVA-LINCS, Universidade Nova de Lisboa).
Obtiven o grao de doutora en Enxeñería Informática, con cualificación sobresaliente cum laude e mención internacional, en xullo de 2016. Posteriormente traballei como doutora en diversos proxectos de investigación europeos e nacionais en humanidades dixitais, e tamén coma analista de datos no sector público e privado.

Na actualidade son investigador posdoutoral Juan de la Cierva no CiTIUS,  traballando en aspectos interdisciplinais entre a Enxeñería Software e as Humanidades Dixitais, co interese no procesamiento da linguaxe natural e a súas conexións cos modelos de datos, na visualización de información humanística e nos estudios empíricos con usuarios e datos reais sobre sistemas de información e as súas implicacións en usos y dominios humanísticos.

Contacto

E-mail: patricia.martin.rodilla [at] usc.es
Espazo: Laboratorio S1
Teléfono: +34 8818 16388
Identificadores de investigación:
Redes sociais: