
Bio
Son Catedrático de Universidade na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e coodinador do Grupo de Sistemas Intelixentes (GSI), recoñecido como grupo de referencia competitiva da Xunta de Galicia dende 2006.
As miñas liñas de investigación céntranse en diferentes áreas da intelixencia artificial e as súas aplicacións, coma a xeración de linguaxe natural (sistemas “Data-To-Text”), a computación flexible (“soft computing”), a aprendizaxe automática e a representación do coñecemento e razoamento aproximados.
Son coautor de case 200 traballos científicos nos ditos temas e teño participado en mais de 40 proxectos de I+D e contratos de innovación e transferencia, sendo investigador principal en 18 deles. Tamén teño participado en proxectos de divulgación científica e outras, e son membro de diversas redes temáticas de investigación.
Fun Subdirector da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC (ETSE) e na actualidade son vocal da Xunta Directiva da Asociación Española para a Intelixencia Artificial (AEPIA) e membro do comité organizador da “24th European Conference on Artificial Intelligence (ECAI),” que tivo lugar en Santiago de Compostela e online do 29 de agosto ao 8 de setembro de 2020.
Contacto
Publicacións
- Explaining Bayesian Networks in Natural Language: State of the Art and Challenges 2nd Workshop on Interactive Natural Language Technology for Explainable Artificial Intelligence (NL4XAI) collocated with the 13th International Conference on Natural Language Generation (INLG), 2020
- A proof of concept on triangular test evaluation for Natural Language Generation 1st Workshop on Evaluating NLG Evaluation (EvalNLGEval) collocated with the 13th International Conference on Natural Language Generation (INLG), 2020
- Estimation of customer activity patterns in open malls by means of combining localization and process mining techniques 21st International Workshop of Physical Agents, 2020
- Ver todas
Proxectos de investigación
- NL4XAI: Tecnoloxías da Linguaxe Natural Interactivas para a Intelixencia Artificial Explicable
- Multi3Generation: Xeración de Linguaxe Natural multitarefa, multilinguaxe e multimodal
- QC4SUSTEX: Autentificación e seguridade de téxtiles sostibles e desenvolvemento de dispositivos para o control...
- Ver todos