David López Vilariño

PROFESOR TITULAR

Bio

Recibín o título de doutor en Física pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 2001. Nos anos 1997 e 1998 realicei estadías de investigación no "Dipartimento dei Ingegneria dell'Informazione, Elettronica e Telecomunicazioni" da Universidade "A Sapienza" de Roma (convidado polo doutor Marco Balsi) e no "Department of Electrical Engineering and Computer Science of the University of California at Berkeley" (convidado polo profesor Leon O. Chua) onde traballei no desenvolvemento de algoritmos de visión e a súa implementación sobre redes neuronais celulares. No ano 2003 realicei outra estadía de 6 meses no "Computer and Automation Research Institute da Hungarian Academy of Sciences" de Budapest (convidado polo profesor Tamas Roska) onde colaborei nun proxecto de investigación sobre a análise e reconstrución eficiente de cavidades cardíacas a partir de imaxes de ecocardiografía 2D e 3D.

No ano 2008 obtiven o grao de "Senior Member" de IEEE. Fun ademais membro do "Cellular Neural Networks and Array Computing Technical Committee (CNNATC)" da "IEEE Circuits and Systems Society (CAS)". Actuei como "General Chair" do "IEEE 11th International Workshop on Cellular Neural Networks and their Applications (CNNA2008)" así como "Guest Editor" do "Special Issue on CNN Technology for Spatiotemporal Signal Processing" do "EURASIP Journal on Advances in Signal Processing".

Son autor ou coautor de máis de 80 publicacións científicas relacionadas co deseño e implementación hardware de algoritmos de visión por computador e procesamiento de imaxe médica. O meu interese actual está no deseño e implementación de algoritmos de procesamento de imaxes para procesadores embebidos (incluíndo implementacións en FPGA) así como en tecnoloxías PC/GPU orientadas á computación de altas prestacións.

Contacto

E-mail: david.vilarino [at] usc.es
Espazo: Despacho 210
Teléfono: +34 8818 16465
Identificadores de investigación: