David E. Losada Carril

PROFESOR TITULAR

Bio

Son profesor titular de universidade da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Obtiven a miña licenciatura (1997) e doutoramento (2001) en Informática pola Universidade da Coruña, ambas con premio extraordinario. No curso 2001/2002 fun profesor na Universidade San Pablo-CEU de Madrid e, posteriormente, incorporeime á miña actual universidade como investigador do prestixioso programa "Ramón y Cajal".

A miña investigación está centrada no eido da recuperación de información (RI), abordando problemas como a construción automática de resumos, detección de novidade, clasificación de textos, procura de patentes e minaría de opinións. Son membro activo da comunidade internacional de RI, participando regularmente en comités científicos de conferencias internacionais, liderando proxectos e contratos relacionados coas tecnoloxías de procura, e promovendo redes de investigación a nivel europeo. En 2011 fun recoñecido como "senior member" por ACM.

Máis información:  clica aquí

Contacto

E-mail: david.losada [at] usc.es
Espazo: Despacho 202
Teléfono: +34 8818 16451
Identificadores de investigación:
Redes sociais: