Dora Blanco Heras

PROFESORA TITULAR

Bio

Son profesora titular no Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Licencieime en Física con grao dende 1993 e son doutora cum laude pola mesma universidade. Fun nomeada responsable da Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC de 2005 a 2010.


Os meus intereses investigadores céntranse sobre todo na computación de altas prestacións e computación paralela incluíndo técnicas de optimización do software, análise do rendemento de códigos irregulales e, máis recentemente, computación GPGPU. Nesta última área téñome centrado no procesado de imaxe en tempo real (detección e clasificación de obxectivos, visualización…) aplicada á imaxe médica (MRI, CT escáner…) e a imaxes obtidas mediante sensores remotos como é o caso das imaxes hiperespectrais. Os meus intereses abranguen tamén o deseño de interfaces home-máquina con enfoque social dirixidas ao cálculo de pegada ecolóxica e outros indicadores relacionados coa sostibilidade.

Contacto

E-mail: dora.blanco [at] usc.es
Espazo: Despacho 209
Teléfono: +34 8818 16462
Identificadores de investigación: