Eduardo Sánchez Vila

PROFESOR TITULAR

Bio

En 1993 obtiven o título de licenciado en Ciencias Físicas, especialidade Electrónica, pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Gradueime na mesma facultade e completei os estudos do terceiro ciclo nos Departamentos de Electrónica e Computación, e Fisioloxía. Ademais, realicei un Erasmus na Universidade de Heidelberg (Alemaña) e un Máster en Neurociencia na Universidade Internacional de Andalucía.

Desde o curso 1997-1998 exerzo como docente na USC, colaborando en publicacións e proxectos de investigación. Grazas a unha bolsa da Fundación Pedro Barrié de la Maza comecei en agosto do 1998 un Máster en Enxeñería do Software na Universidade do Sur de California (EEUU), que rematei en maio do 2001. En decembro de 2000 doctoreime en Ciencias Físicas pola USC cun traballo relacionado co ámbito da neurociencia computacional.

En 2005 recibín o premio de innovación educativa da USC polo meu labor docente. Organicei múltiples congresos, cursos de verán e xornadas relacionadas cos novos paradigmas da web. Na actualidade son profesor titular da USC, investigando nos campos da intelixencia colectiva (sistemas de recomendación, web 2.0) e da neurociencia computacional.

Contacto

E-mail: eduardo.sanchez.vila [at] usc.es
Espazo: Despacho 211
Teléfono: +34 8818 16466
Identificadores de investigación: