Javier Díaz Bruguera

CATEDRÁTICO DE UNIVERSIDADE

Bio

Son licenciado e doutor en Física pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1984 e 1989 respectivamente. Actualmente, son catedrático de universidade no Departamento de Electrónica e Computación da USC. Anteriormente fun profesor na Universidade de Oviedo (1984-1986) e na Universidade da Coruña (1986-1990). En 1990 incorporeime á Universidade de Santiago de Compostela, sendo profesor titular de universidade dende 1990 a 1997 e catedrático de universidade dende 1997. Fun director do Departamento de Electrónica e Computación entre 2006 e 2010. Fun investigador visitante en Application Center of Microelectronics at Siemens (Múnich, Alemaña, en 1993 durante 5 meses) e en University of California (Irvine, dende outubro de 1993 ata decembro de 1994); e varias veces máis entre 1997 e 2004 por períodos de tempo máis curtos.


As miñas liñas de investigación preferentes son: aritmética do computador, deseño de procesadores, deseño dixital para o procesado de sinais e imaxes, e arquitectura de computadores. Son autor/coautor de aproximadamente 150 artigos de investigación en revistas e congresos e ten sido membro de comités de programa en varios congresos de IEEE, ACM e outros; en particular formo parte do comité de programa do IEEE Symposium on Computer Arithmetic (ARITH) dende 2003; fun Program Chair do ARITH19 en 2009 e Local Arrangements and Financial Chair do ARITH16 en 2003. Tamén fun Program Chair do 8th Real Numbers and Computers Conference en 2008 e Local Program Chair do Europar 2008. Ademais, son membro das sociedades IEEE, IEEE Computer Society e ACM.

Contacto

Espazo: Despacho 203
Teléfono: +34 8818 16452
Identificadores de investigación:
Redes sociais: