José Carlos Cabaleiro Domínguez

PROFESOR TITULAR

Bio

Son licenciado en Física na Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1989 e obtiven o título de doutor en Física na mesma universidade no ano 1994. Desde 1990 ata 1994 fun profesor na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Desde 1994 son profesor universitario titular da área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores no Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

As miñas principais liñas de interese inclúen a arquitectura de sistemas paralelos, o desenvolvemento de algoritmos paralelos para problemas irregulares e con matrices dispersas, predición e mellora do rendemento de aplicacións paralelas, optimización da xerarquía de memoria en problemas irregulares e desenvolvemento de aplicacións e middleware para sistemas Grid e Cloud.

Contacto

E-mail: jc.cabaleiro [at] usc.es
Espazo: Despacho 102
Teléfono: +34 8818 16421
Identificadores de investigación: