José Manuel Cotos Yáñez

PROFESOR TITULAR

Bio

Son Profesor da Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 1993, na área de Linguaxes e Sistemas Informáticos (Departamento de Electrónica e Computación). Actualmente formo parte do equipo de investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS), onde dirixo o grupo de investigación COGRADE(Gráficos por Computador e Enxeñaría de Datos). Entre as miñas liñas de investigación pódense citar a Adquisición de datos de sensores distribuídos, a súa integración con Sistemas de Información Xeográfica, a Teledetección, e o desenvolvemento de ferramentas baseadas en Intelixencia Artificial para a extracción, análise e clasificación da información contextual achegada polos devanditos sensores.

Entre os anos 2001 e 2003 fun secretario da titulación propia da Universidade de Santiago de Compostela «Graduado Superior en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións», e dende 2003 ata 2007 exercín como Subdirector Xeral de Innovación Empresarial na Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia.

Ademais, son socio fundador e administrador da spin-off Paralaxe, Multimedia and Virtual Systems S.L., unha empresa spin-off do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela que se dedica ao desenvolvemento de sistemas informáticos multimedia e de realidade virtual.

Participei en máis de 20 proxectos de investigación e en máis de 50 contratos con empresas e institucións, relacionados na súa meirande parte coa transferencia de tecnoloxía ao sector empresarial, e entre os anos 2009 e 2013 fun adxunto á presidencia dunha rede universitaria internacional que promove o emprendimiento empresarial dende as universidades (RedEmprendia).

Na actualidade estou involucrado no desenvolvemento dunha plataforma software para a adquisición de datos, que será validada con datos do fogar dixital («SmartHome»), no marco dun proxecto Interconecta -convocatoria 2011-.

Contacto

E-mail: manel.cotos [at] usc.es
Espazo: Despacho 208
Teléfono: +34 8818 16461
Identificadores de investigación:
Redes sociais: