Julián Flores González

PROFESOR TITULAR

Bio

Son profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no Departamento de Electrónica e Computación. Obtiven a miña licenciatura en Ciencias Físicas na especialidade de electrónica en 1991 e o doutoramento en 1996 realizando un posterior post-doc no Graphics Visualization and Usability Center of the Georgia Institute of Technology (EEUU).

 

A miña principal actividade investigadora céntrase no desenvolvemento de aplicacións gráficas interactivas en tempo real. Estas aplicacións abranguen un abano de áreas que van desde as aplicacións para a posta en valor do patrimonio á rehabilitación de persoas con diferente tipo de patoloxías.

Contacto

E-mail: julian.flores [at] usc.es
Espazo: Despacho 206
Teléfono: +34 8818 16456
Identificadores de investigación:
Redes sociais: