
Bio
Licencieime en Físicas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1993, obtendo en 1999 o título de Doutor na mesma universidade. Dende 2002, son profesor titular na área de Informática e Intelixencia Artificial. Coordinei a posta en marcha do CiTIUS, promovendo e participando na definición do seu primeiro plan estratéxico, e dende 2010 dirixo o centro.
O meu interese investigador céntrase nas áreas de procesamento intelixente de sinais, razoamento temporal, minería de datos temporais, conxuntos borrosos e sistemas baseados no coñecemento, especialmente na aplicación destas técnicas para resolver problemas prácticos na monitorización de pacientes. Dirixín tamén proxectos de investigación relacionados con estas áreas, tanto de ámbito nacional como autonómico.
Contacto
Publicacións
- Five-year prediction of glucose changes with missing data in a Reproducing Kernel Hilbert Space
- Emobook: A Multimedia Life Story Book App for Reminiscence Intervention 22nd International Conference on Human-Computer Interaction with Mobile Devices and Services, 2020
- A novel and simple strategy for evolving prototype based clustering Pattern Recognition, 2018
- Ver todas