Purificación Cariñena Amigo

PROFESORA CONTRATADA DOUTORA

Bio

Obtiven o título de doutora en Ciencias Físicas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 2003, cun traballo de investigación centrado no desenvolvemento de modelos de razoamento baseados en regras temporais borrosas. As aplicacións deste modelo leváronme a traballar tanto no ámbito da robótica móbil como no de monitorización e seguimento de pacientes. En particular, nestes últimos anos participei en proxectos de investigación relacionados co seguimento de pacientes con Síndrome de Apnea/Hipoapnea do Sono (SAHS), e Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica (EPOC).

 

Aínda que nun principio a miña investigación centrouse no desenvolvemento de modelos de razoamento, na actualidade o meu traballo está máis orientado ao desenvolvemento de algoritmos e técnicas de minaría de datos temporais, co obxectivo de inducir coñecemento temporal cuantitativo a partir de bases de datos temporais.

 

Actualmente son profesora contratada doutora da área de coñecemento de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial na USC. Desde xullo de 2012 son secretaria da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) desta universidade.

 

Contacto

E-mail: puri.carinena [at] usc.es
Espazo: Despacho 210
Teléfono: +34 8818 16464
Identificadores de investigación: