Tomás Fernández Pena

PROFESOR TITULAR

Bio

Licencieime en Física na Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1989 e nela obtiven o título de doutor en Física no ano 1994. Desde 1990 ata 1994 fun profesor na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Desde 1994 son profesor titular de universidade no Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela. Son membro do CiTIUS desde 2010.

As miñas principais liñas de interese inclúen a computación de altas prestacións, a arquitectura de sistemas paralelos, o desenvolvemento de algoritmos paralelos para clusters e supercomputadores, a optimización do rendemento en problemas irregulares e con matrices dispersas, a predición e mellora do rendemento de aplicacións paralelas en xeral, o desenvolvemento de aplicacións e middleware para sistemas grid e cloud e as tecnoloxías Big Data aplicadas ao procesamento da linguaxe natural, a bioinformática, a chemioinformática e aplicacións científicas en xeral. Actualmente son Senior Member do IEEE e editor asociado da revista IEEE Transactions on Computers.

Contacto

E-mail: tf.pena [at] usc.es
Espazo: Despacho 113
Teléfono: +34 8818 16439
Identificadores de investigación: