Andrés Ruiz Hiebra

UNIDADE DE PRENSA E COMUNICACIÓN

Bio

Son Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Diploma de Estudos Avanzados en Xornalismo e Comunicación (DEA) pola mesma universidade. No ano 2007 rematei os meus estudos de Cine en París na Université Paris8 - Vincennes Saint Denis, e dende entón traballei en distintos eidos do sector da Comunicación, tanto en proxectos relacionados coa industria audiovisual (Cine, TV, Radio, Publicidade) coma co mundo da información e o xornalismo.

En novembro de 2012 incorporeime ó CiTIUS para poñer en marcha a oficina de prensa do centro, encargándome dende entón da difusión dos resultados científicos a través de distintas canles de comunicación (notas de prensa, xestión web, redes sociais, etc) así como do desenvolvemento de contidos gráficos (vídeos, fotografías...) e doutros aspectos, entre outros a comunicación interna ou a relación cos medios.

Entre 2014 e 2020, as miñas funcións como Responsable de Comunicación estendéronse ó conxunto da Rede de Centros Singulares de Investigación de Campus Vida, converténdome así no encargado de artellar e executar o labor de divulgación desenvolvido previamente pola oficina nos outros dous centros da rede: o CiQUS e o CiMUS.

En marzo de 2020 regresei ó centro para facerme cargo a tempo completo da Unidade de Comunicación e Prensa dun renovado CiTIUS, convertido xa no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC.

Contacto

E-mail: andres.ruiz [at] usc.es
Espazo: Unidades de Apoio
Teléfono: +34 8818 16411