Diego Cougil Meléndez

UNIDADE DE XESTIÓN DA INNOVACIÓN

Bio

Licencieime en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 2006. En 2007 cursei un Máster de Xestión de Recursos Humanos no Centro de Iniciativas Profesionais de Vigo. En 2008 incorporeime como bolseiro á Fundación para a Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, exercendo funcións de xestión das convocatorias do Plan INCITE. En xaneiro de 2010 comecei a traballar como axente de innovación no Grupo de Sistemas Intelixentes da USC a través da convocatoria Lucas Labrada do programa de RRHH do Plan INCITE. Na actualidade formo parte da Unidade de Xestión da Innovación do CiTIUS, asumindo tarefas de apoio á investigación realizada no centro.

Contacto

E-mail: diego.cougil [at] usc.es
Espazo: Secretaría
Teléfono: +34 8818 16403
Redes sociais: