Félix Díaz Hermida

UNIDADE DE XESTIÓN DA INNOVACIÓN

Bio

Recibín o título de Enxeñeiro en Informática pola Universidade de A Coruña no ano 1999 e o título de doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no 2006. Entre 2005 e 2006 traballei como profesor axudante na Universidade de Oviedo. Tras esta etapa incorporeime á Xunta de Galicia como técnico do Plan Galego de I+D INCITE 2006-2010, onde desempeñei funcións de xestión e control de proxectos de I+D, así como de seguimento da posta en marcha das Plataformas Tecnolóxicas Galegas.

 

No ano 2009 retornei á USC como axente de I+D, apoiando aos grupos de investigación do Departamento de Electrónica e Computación. Participei no proceso de creación e consolidación do CiTIUS onde actualmente exerzo como xestor técnico de I+D.

Contacto

E-mail: felix.diaz [at] usc.es
Espazo: Unidades de Apoio
Teléfono: +34 8818 16410
Identificadores de investigación:
Redes sociais: