Jorge Suárez de Lis

UNIDADE DE XESTIÓN DE INFRAESTRUTURAS TIC

Bio

Son Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2010. Dende entón, estou a traballar no equipo de administración de sistemas do centro.

Usuario orgulloso de Debian (e posteriormente non tanto de Ubuntu, as cousas como son) dende o ano 2001, interesado nas novas tecnoloxías web e plataformas móbiles. Fomento o uso do Sofware Libre e as solucións tecnolóxicamente neutrais.

Mozilla siempre no cozarón. Stallman paréceme un home entrañable. Utilizo DuckDuckGo como buscador por defecto pero en verdade non me gusta. Estou convencido de que Google Chrome é O Mal.

A maior parte do tempo no traballo manteño un derivado propio de Ubuntu para o centro, preparo novas solucións web para os investigadores e traballo para mellorar os sistemas de xestión informáticos. Fora do traballo fago outras cousas.

Contacto

E-mail: jorge.suarez [at] usc.es
Espazo: Unidades de Apoio
Teléfono: +34 8818 16409