María Tenorio Miranda

UNIDADE DE XESTIÓN DA INNOVACIÓN

Bio

Son Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación, especialidade en Sistemas de Telecomunicación pola Universidade de Vigo dende o ano 2008. En xaneiro de 2009 incorporeime á secretaría técnica de Vindeira, a plataforma tecnolóxica galega das TIC, onde realicei funcións de xestión dos grupos de traballo e análise de oportunidades de I+D+i a nivel nacional e europeo. Posteriormente, no ano 2010, incorporeime ao Laboratorio de Sistemas da Universidade de Santiago de Compostela como axente de innovación. Na actualidade formo parte da Unidade de Xestión da Innovación do CiTIUS, realizando tarefas de apoio á investigación do Centro, dende a xestación de ideas ata a transferencia de resultados ao sector empresarial.

Contacto

E-mail: maria.tenorio [at] usc.es
Espazo: Unidades de Apoio
Teléfono: +34 8818 16410