Os Programas Científicos organizan os eixos da actividade investigadora do centro, definindo unha estratexia propia con obxectivos comúns.
Na actualidade hai seis Programas Científicos en funcionamiento. Todos os Programas definiron unha estratexia e obxectivos de traballo a medio prazo. A continuidade dos Programas Científicos depende non só do seu grao de actividade, senón tamén da importancia científica da súa área no ámbito das TI. Estas liñas de investigación son un compromiso do Centro e irán evolucionando ao longo do tempo para que o CiTIUS continúe a súa investigación nas áreas de maior interese científico.
Máquinas máis intelixentes e máis competentes na resolución de problemas reais
Unha abordaxe persoalizada para a mellora da calidade de vida do paciente
Robots máis sociais e interactivos capaces de aprender e de adaptarse á súa contorna
Obtendo unha interacción natural entre persoa e ordenador utilizando a linguaxe
Técnicas de interpretación automática de imaxes e situacións reais