A aprendizaxe automática (aprendizaxe computacional, aprendizaxe en máquinas, aprendizaxe artificial…) é un ámbito da Intelixencia Artificial que se ocupa de que as máquinas poidan actuar máis alá do que os seus deseñadores establecen de forma explícita. A aprendizaxe automática permite resolver problemas aprendendo dos datos e de información representativa dos mesmos. Permite incluso deseñar produtos ou servizos para os cales o comportamento non se fixa en todos os seus detalles durante a fase de deseño, senón que a través da aprendizaxe en liña logra que estes melloren as súas prestacións e se fagan máis competentes unha vez postos en operación, en particular durante o seu funcionamento en contornas e para o tipo de problemas para os que se deseñaron.
A aprendizaxe automática está penetrando rapidamente na industria, na saúde, ocio, no ámbito doméstico...Sáibalo ou non, ao longo do día empregas múltiples dispositivos e servizos que integran técnicas de aprendizaxe automática e isto non é máis que o comezo. A aprendizaxe automática xa non é vista coma un alarde científico-tecnolóxico senón como unha disciplina indispensable para o progreso humano e para facer máquinas máis e máis intelixentes.
Obxectivos científicos
- Deseño e aplicación de modelos ou métodos de clasificación, regresión e optimización.
- Aprendizaxe simbólica (regras, árbores de decisión…) e subsimbólica (redes neuronais, máquinas de vectores de soporte, aprendizaxe profunda, computación evolutiva…)
- Aprendizaxe continua e online en sistemas multidispositivo
- Minería de datos e textos
- Minería de procesos
- Análise e interpretación de sinais, imaxes e vídeo
Obxectivos tecnolóxicos
- Aplicacións en múltiples dominios: industria, saúde, educación, web...
Queres saber máis?
Para colaboracións, visitas, etc. contacta con:
Senén Barro Ameneiro
senen.barro [at] usc.es
Investigadores asociados
-
- José María Alonso Moral
- Senén Barro Ameneiro
- Dora Blanco Heras
- Alberto Bugarín Diz
- Purificación Cariñena Amigo
- Eva Cernadas García
- José Manuel Cotos Yáñez
- Manuel Fernández Delgado
- Roberto Iglesias Rodríguez
- Manuel Lama Penín
- David E. Losada Carril
- David Mera Pérez
- Manuel Mucientes Molina
- Jesús María Rodríguez Presedo
- Eduardo Sánchez Vila
- Juan Carlos Vidal Aguiar
Proxectos de investigación
Publicacións
- CiTIUS at the TREC 2020 Health Misinformation Track Text Retrieval Conference, 2021
- Gender perspective in Artificial Intelligence (AI) 8th International Conference on Technological Ecosystems for Enhancing Multiculturality, 2021
- eRisk 2021: Pathological Gambling, Self-Harm and Depression Challenges 43rd European Conference on Information Retrieval, 2020
- Ver todas