e-Saúde

A e-saúde é un térmo moi amplo que trata de abarcar o deseño e desenvolvemento de soluciónes baseadas nas TIC para facilitar e mellorar os procesos de prevención, diagnóstico, tratamento e monitorización de pacientes e, en xeral, para a xestión da saúde. A e-saúde responde así a algúns dos problemas dos actuais sistemas públicos de saúde, e que presumiblemente reagudizaranse no futuro: o incremento dos costes sanitarios derivados do envellecemento da poboación, o consecuente coidado dun número crecente de pacientes crónicos e o mantemento e a mellora da calidade asistencial.

As aportacións que o CITIUS realiza no ámbito da e-saúde divídense en dúas grandes ramas: a bioinxeñería, que aquí se centra na adquisición e procesado de diversos sinais fisiolóxicos, tanto unidimensionais como multidimensionais, co fin de evaluar o estado fisiopatolóxico do paciente, así como a súa posible evolución futura; e a informática médica, que pretende o desenvolvemento de solucións que faciliten a xestión da información médica co fin último de servir eficazmente á toma de decisións.

Obxectivos científicos

  • Propor, deseñar e desenvolver técnicas de abstracción temporal de sinais fisiolóxicas, para a identificación de eventos de interés fisiopatolóxico no curso de enfermidades crónicas obxecto de seguimento, particularmente na contorna domiciliaria.
  • Deseñar e desenvolver un modelo de interpretación temporal abductiva do electrocardiograma, cuxa eficiencia computacional garanta a súa execución en tempo real.
  • Propor, deseñar e desenvolver técnicas de agrupamento estocástico mediante as que poder analizar de modo dinámico a evolución das familias morfolóxicas do electrocardiograma.
  • Propor, deseñar y desenvolver novas técnicas de análisis da variabilidade da frecuencia cardíaca, facendo especial énfase na análise de turbulencias asociadas á aparición de latidos ventriculares illados prematuros. Extraeranse parámetros que describan estes procesos e que poidan servir para deseñar novos índices de valoración de risco cardíaco.
  • Deseñar e desenvolver algoritmos de análise intelixente de datos para a explotación de bases de datos fisiolóxicos, en particular algoritmos de minería de datos temporais para a extracción de patrons de relacións métricas entre eventos. Estes patróns permitirán a detección e posterior análise de certas dependencias e relacións temporais subxacentes nos datos que podrían ser de relevancia no estudio das patoloxías asociadas.

Obxectivos tecnolóxicos

  • Unha librería de funcions para o procesado de sinais fisiolóxicas.
  • Unha ferramenta para a visualización e o análise do electrocardiograma.
  • Unha base de datos anotada formada por rexistros de polisomnografía e poligrafía respiratoria de pacientes co Síndrome de Apnea-Hipopnea do Soño.
  • Unha plataforma distribuida desenvolvida sobre dispositivos móviles para a provisión de servizos médicos no domicilio do paciente, e que fai uso dunha axenda que permite executar aquelas actuacións contempladas no protocolo de seguimento correspondente.