Visión artificial

A Visión Artificial ten como propósito a extracción e a interpretación automática de información en imaxes e vídeos dixitais. A meta do programa é dobre, por unha banda en investigación básica búscase o desenvolvemento de modelos computacionais de visión inspirados, tanto nas matemáticas como na bioloxía, e a súa implementación en plataformas computacionais eficientes. Doutra banda, potenciarase a transferencia tecnolóxica no ámbito das aplicacións industriais, biolóxicas e médicas.

Obxectivos científicos

  • Recoñecemento de actividades humanas.
  • Segmentación de imaxes complexas.
  • Reconoñecemento acoplado de escenas e obxectos.
  • Detección e recoñecemento de obxectos sen adestramento
  • Modelos computacionais de atención visual.
  • Algoritmos de visión artificial orientados ó hardware.
  • Arquitecturas hardware para sistemas de visión.
  • Sensores de imaxe e sensores de tempo de voo.
  • Cámaras intelixentes autoalimentadas.
  • Visión en sistemas distribuidos.

Obxectivos tecnolóxicos

  • Aplicacións do modelo de atención visual para predecir a concentración da atención humana sobre páxinas web, anuncios publicitarios, interfaces de xogos... así como para anotar vídeos para a recuperación de información, resumir vídeos, etc.
  • Segmentación, recoñecemento e clasificación de obxectos sobre imaxes biolóxicas e en tecnoloxía dos alimentos.
  • Desenvolvemento de sistemas de visión activa para robots.
  • Detección de marcadores en fotogrametría, inspección industrial e robótica.
  • Procesamento en tempo real de imaxe hiperespectral para aplicacións de salvamento marítimo, identificación de materiais, etc.
  • Implementación de sistemas de visión artificial sobre FPGA.
  • Desenvolvemento de redes de cámaras intelixentes inalámbricas con procesamento distribuído.