A visión por computador é unha disciplina científica que ten como propósito a extracción, análise e interpretación automática da información contida en imaxes e vídeos dixitais de escenas do mundo real. A investigación neste campo é de carácter multidisciplinar, e tenta dotar a calquera dispositivo con capacidade de captación de datos visuais e procesamento con capacidades similares, senón mellores, ao sistema de visión humano na súa interpretación da realidade e a toma de decisións. Neste propósito conflúen varias temáticas de estudo coma o deseño de métodos e modelos matemáticos para a extracción de información, as técnicas de aprendizaxe automática para a interpretación e axuda á toma de decisións, ou o deseño e mellora de sensores ou dispositivos de adquisición.
Os ámbitos de aplicación onde a visión por computador é xa capaz de acadar resultados robustos fóra do laboratorio medran día a día, favorecidos polos avances tecnolóxicos, o abaratamento dos sistemas de adquisición, o crecemento da capacidade computacional dos ordenadores e dos dispositivos móbiles, e o crecente interese a nivel académico e comercial que a disciplina ven xerando nas últimas décadas.
As liñas de investigación que se abordan no centro alíñanse cos seguintes obxectivos científicos e tecnolóxicos:
Obxectivos científicos
- Recoñecemento de patróns en imaxes e vídeos.
- Novas aproximacións á segmentación de imaxes complexas.
- Desenvolvemento de modelos computacionais de atención visual.
- Recoñecemento biométrico baseado en aprendizaxe incremental e continua.
- Arquitecturas hardware para sistemas de visión.
- Sensores CMOS de visión, autoalimentados e de baixo consumo de potencia.
- Detección e tracking de obxectos mediante técnicas de Deep Learning.
- Procesamento (rexistrado, clasificación, adaptación de dominio, detección de cambios,...) de imaxes obtidas mediante sensores RGB, multiespectrais e hiperespectrais.
Obxectivos tecnolóxicos
- Aplicación de técnicas de detección e tracking de obxectos para monitorización de tráfico, control do tráfico aéreo e sense & avoid.
- Correspondencia de imaxes e abstracción 3D de escenas.
- Desenvolvemento de frameworks para o diagnóstico colaborativo e descubrimento de valores diagnóstico en imaxes biomédicas.
- Sistemas de análise cuantitativo sobre imaxes nos ámbitos da biomedicina, bioloxía, química e tecnoloxía de alimentos.
- Procesamento de imaxes de superficie terrestre obtidas mediante sensores ubicados en UAVs e satélites para monitorización.
Investigadores asociados
Proxectos de investigación
Publicacións
- Gender perspective in Artificial Intelligence (AI) 8th International Conference on Technological Ecosystems for Enhancing Multiculturality, 2021
- Towards a Self-sufficient Face Verification System Expert Systems with Applications, 2021
- CystAnalyser: A new software tool for the automatic detection and quantification of cysts in Polycystic Kidney and... PLOS Computational Biology, 2020
- Ver todas