Listado de proxectos

PLEEC: Planning for Energy Efficient Cities

Descrición

A eficiencia enerxética é unha das prioridades da axenda europea. Un dos obxectivos do plan 20-20-20 da Unión Europea é a mellora da eficiencia nun 20% para o 2020.

Sen embargo, a consecución dun coñecemento integrador acerca do potencial enerxético nas cidades está lonxe de conseguirse. Actualmente, a variedade de estratexias e aproximacións individuais, manexando diferentes aspectos da mellora da eficiencia enerxética, dificultan o desenvolvemento dunha visión estratéxica global da planificación da eficiencia enerxética.

Por esta razón, o proxecto PLEEC- “Planificando Cidades Enerxeticamente Eficientes” – financiado polo VII Programa Marco procura unha aproximación integradora para alcanzar a concepción de cidade intelixente, enerxeticamente eficiente e sostible. Por medio da coordinación de estratexias e da procura das mellores prácticas, PLEEC desenvolverá un modelo xeral para a planificación de cidades enerxeticamente eficientes e sostibles.

Conectando a excelencia científica e as empresas máis innovadoras do sector da enerxía con cidades ben organizadas e ambiciosas, o proxecto pretende reducir o uso da enerxía na Europa do futuro próximo e desta forma converterse nunha ferramenta importante para o obxectivo da UE 20-20-20.

Obxectivos

Os obxectivos principais do proxecto son:

  • Avaliar as solucións de mellora enerxética existentes e potenciais que poidan ser integradas na planificación das cidades.
  • Demostrar como os plans integradores poden resultar máis efectivos que as medidas illadas.
  • Desenvolver un modelo integrador da planificación da eficiencia enerxética que considere o potencial das diversas actuacións que poden ser aplicadas aos aspectos clave da mellora da eficiencia.
  • Crear Plans de Acción que poidan ser presentados aos tomadores de decisións das cidades.
  • Identificar unha axenda de investigación futura para o uso da enerxía nas Smart Cities.

Investigadores

    • Investigador principal externo
    • Juan E. Arias Rodríguez
    • Investigadores externos
    • Carlos Hernández Sande
    • Daniel Baldomir Fernández
    • Alfredo Bermúdez De Castro López-varela
    • Wenceslao González Manteiga

Detalles

Data de execución:01/04/2013 - 01/04/2016
Consorcio
  • Eskilstuna Energy Miljö (líder)
  • Concello de Santiago de Compostela
  • Delft University of Technology
  • Eskilstuna City
  • Hamburg University of Applied Sciences
  • Jyväskylä
  • LMS IMAGINE
  • Mälardalen University
  • Smart Technologies Association SMARTTA
  • Stoke-on-Trent City
  • Tartu City
  • Technische Universität Wien
  • Turku City
  • Turku University of Applied Sciences
  • University of Copenhagen
  • University of Rousse
  • Univerza v Ljubljani
  • CiTIUS
Financiado porFPVII-Energy-SmartCity-2012, European Commission, ENER/FPVII314704/PLEEC
FPVII-Energy-SmartCity-2012  European Commission