
Descrición
O proxecto QUIRAV prantexa o avance no desenvolvemento de sistemas para o desenvolvemento de quirófanos avanzados. O proxecto QUIRAV explorará novas formas de aplicar as TIC para integrar as diferentes tecnoloxías do quirófano, analizando os procesos e a información médica, desenvolvendo novos interfaces para a interacción co equipamento médico, e optimizando a coordinación entre o persoal médico e non médico.
Obxectivos
O obxectivo principal do proxecto é construír un sistema que poida axudar ao persoal médico na toma de decisións dentro do quirófano:
- Homoxeneizar e estruturar os datos e información xerados polos dispositivos de electromedicina, diagnóstico e control ambiental presentes no quirófano
- Permitir a análise da información xerada durante o desenvolvemento do proceso cirúrxico
- Proporcionar axuda e apoio a toma de decisións en tempo real
- Ofrecer ao persoal clínico acceso á información do quirófano de xeito rápido e de forma ergonómica, por medio de interfaces naturais.
Subproxecto con Bahía Software: Núcleo do Sistema Experto
O CiTIUS colabora con Bahía Software en tarefas de desenvolvemento dos sistemas de minería de datos para a análise da información xerada no quirófano e asesoramento no desenvolvemento de estratexias de planificación de recursos.
Subproxecto con Egatel: Concentrador de Sinais
O CiTIUS colabora con Egatel no desenvolvemento do concentrador que realizará a canalización e conversión dos datos procedentes dos aparatos do quirófano.
Subproxecto con Everis: Trazabilidade de eventos e procesos
O CiTIUS colabora con Everis no desenvolvemento de técnicas para o análise de escenas e a aplicación de solución que permitan inferir, automaticamente, os fluxos de traballo asociados aos procesos do quirófano.
Subproxecto con Plexus: Interfaces Naturais
O CiTIUS colabora con Plexus na análise de novos modos de consultar e visualizar a información do quirófano por medio de interfaces naturais.
Investigadores
Subproxecto con Bahía Software: Núcleo do Sistema Experto
-
- Investigadores Principais
- Alberto Bugarín Diz
- Manuel Mucientes Molina
Subproxecto con Egatel: Concentrador de Sinais
-
- Investigador principal
- David López Vilariño
Subproxecto con Everis: Trazabilidade de eventos e procesos
-
- Investigadores Principais
- Manuel Lama Penín
- Manuel Mucientes Molina
-
- Investigadores do CiTIUS
- Víctor Manuel Brea Sánchez
Subproxecto con Plexus: Interfaces Naturais
-
- Investigador principal
- Julián Flores González
-
- Investigadores do CiTIUS
- José Manuel Cotos Yáñez
- Roi Méndez Fernández
Detalles
- Bahía Software (líder)
- Egatel
- Everis
- Plexus
- Ammi Technologies
- Fundación Ramón Domínguez
- CiTIUS





Publicacións
- Demo: Mask and Maskless Face Classification System to Detect Breach Protocols in the Operating Room International Conference on Distributed Smart Cameras 2015, 2015
- System for Medical Mask Detection in the Operating Room Through Facial Attributes 7th Iberian Conference on Pattern Recognition and Image Analysis,, 2015