MBEAT HOME EDITION: Sistema de telemonitorización intelixente ubicuo e en tempo real de pacientes crónicos con patoloxías cardiovasculares

MBEAT HOME EDITION: Sistema de telemonitorización intelixente ubicuo e en tempo real de pacientes crónicos con patoloxías cardiovasculares

Descrición

Neste proxecto desenvolveranse novos módulos para a tecnoloxía MBEAT da empresa Imaxdi Real Innovation . A tecnoloxía MBEAT presenta o desenvolvemento dun sistema de monitorización cardíaca portable que permita desenvolver procesos de diagnóstico de patoloxías cardíacas fóra do centro hospitalario. No proxecto MBEAT Home Edition, o CiTIUS desenvolverá diferentes módulos orientados a mellorar a funcionalidade de visualización do electrocardiograma e doutros parámetros fisiolóxicos monitorizados, así como da análise automática de eventos asociados ás patoloxías cardíacas máis prevalentes.

Obxectivos

Os obxectivos máis relevantes da colaboración son os seguintes:

  • Desenvolver funcionalidades para a detección automática e en tempo real de complexos QRS sobre o sinal de ECG.
  • Desenvolver funcionalidades para a extracción automática das diferentes características do latido.
  • Desenvolver unha ferramenta de visualización de ECG baseada en tecnoloxías web, que permita ademais a visualización dos diferentes parámetros fisiolóxicos monitorizados xunto co sinal de ECG, en diferido e en tempo real, e proporcione ferramentas de análise do mesmo (medicións, anotación, escalas, etc.).

Detalles

Data de execución:10/05/2013 - 30/10/2014
Financiado porProxectos CIT , Consellería de Innovación e Industria, Xunta de Galicia, MBEAT
Consellería de Innovación e Industria, Xunta de Galicia
Contratado por: Imaxdi Real Innovation

Programas científicos