HSCAP: Hardware e software para computación de altas prestacións

HSCAP: Hardware e software para computación de altas prestacións

Descrición

Con motivo da recente posta en explotación no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) do supercomputador Finisterrae, enfrentámonos a novos retos como a mellora de diversos aspectos da computación de altas prestacións.

Finisterrae é unha arquitectura constellation composta por 142 nodos de memoria compartida con 16 núcleos Itanium máis outros tres nodos ccNUMA con 64, 64 e 128 núcleos (é dicir máis de 2500 procesadores e 19.000 GB de memoria). Ademais, a recente aparición de novas arquitecturas paralelas orientadas á computación gráfica, como as novas GPUs de NVIDIA, posibilita o desenvolvemento e implementación de novos e máis complexos algoritmos tanto no campo da computación gráfica como no campo da computación de propósito xeral e o desenvolvemento de arquitecturas multinúcleo híbridas con CPU e GPU.

Finalmente, a mellora das unidades funcionais dos procesadores é tamén un aspecto importante para incrementar o rendimiento dos sistemas paralelos.

Obxectivos

  • Mellora do rendemento en arquitecturas multinúcleo híbridas CPU-GPU: modelado da xerarquía de memoria; adaptación das ferramentas de análise de rendemento; e optimización de problemas de rendemento na xerarquía de memoria entre outros.
  • Computación gráfica e multimedia: mellora e extensión do noso algoritmo híbrido para visualización interactiva de terreos dixitalizados ata obter un método completo de redering multirresolución de modelos híbridos; desenvolvemento de técnicas para a implementación de tarefas da condificación de vídeo en arquitecturas altamente paralelas, Massively Parallel Processor Arrays (MPPAs) e FPGAs.
  • Deseño de unidades funcionais e aritmética do computador: mellora das estimacións hardware do erro acumulado nas computacións punto flotante e proposta de novas estimacións máis precisas baseadas nunha representación optimizada da aritmética de intervalos entre outros.

Investigadores