ACHEGAMED: Unidade de diagnostico ubicuo asistido para a prevencion, control e autoxestion da saúde

Unidade de diagnostico ubicuo asistido para a prevencion, control e autoxestion da saúde

Descrición

O proxecto ACHEGAMED ten como obxectivo o desenvolvemento dunha unidade con capacidade integral para capturar e almacenar parámetros biomédicos de forma segura, procesalos en tempo real e con posibilidade de comunicación cun servizo asistencial ante alertas ou valores patoloxicamente detectables. Este dispositivo dará como resultado dous formatos comercializables con usos diferenciados: un quiosco fixo con conexión directa aos sistemas asistenciais, e un sistema portable.

Subproxecto con Informática el Corte Inglés: Sistema de interacción co quiosco

Co obxectivo de desenvolver o sistema de interacción co quiosco, desenvolvendo os interfaces para facilitar o seu uso tanto a través do propio quiosco como por medio de dispositivos móbiles

Subproxecto con Imaxdi Real Innovation: Procesamento do ECG

Desenvolvemento de software para o procesamento de sinais de ECG, incluíndo a detección, clasificación e agrupamento de latidos segundo a súa orixe e a detección de arritmias.

Subproxecto con Informática el Corte Inglés: Clasificación de pacientes baseada no perfil dos usuarios e nos protocolos de atención

Modelar e executar a través de tecnoloxía de fluxos de traballo dinámicos tanto o sistema de triaxe Manchester como as guías médicas do quiosco de saúde. Ademais, desenvolverase un algoritmo para asignar directamente aos pacientes as guías médicas que deberían executar no contexto do quiosco de saúde.

Investigadores

Subproxecto con Informática el Corte Inglés: Sistema de interacción co quiosco

Subproxecto con Imaxdi Real Innovation: Procesamento do ECG

Subproxecto con Informática el Corte Inglés: Clasificación de pacientes baseada no perfil dos usuarios e nos protocolos de atención

Detalles

Data de execución:01/09/2013 - 31/12/2014
Consorcio
  • Plexus (líder)
  • Imaxdi Real Innovation
  • Informática el Corte Inglés
  • Intellectia Bank
  • CiTIUS
Financiado porFEDER-INNTERCONECTA, Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), ITC-20133085
FEDER-INNTERCONECTA  FEDER-INNTERCONECTA  FEDER-INNTERCONECTA  Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Programas científicos