ADAPTA: Tecnoloxías de funcións de protección lateral intelixentes e adaptativas

ADAPTA: Tecnoloxías de funcións de protección lateral intelixentes e adaptativas

Descrición

As colisións laterais aumentan de xeito dramático a taxa de mortalidade en accidentes de tráfico. O obxectivo xeral do proxecto é o desenvolvemento de novos sistemas de seguridade, que proporcionen aos ocupantes do vehículo un nivel de protección en colisións laterais idéntico aos existentes en colisións frontais.

As solucións posibles esixen a explotación das novas tecnoloxías que fan referencia á detección e clasificación da contorna, ó comportamento estructural do vehículo, e ós sistemas de retención, co gallo de reducir as mortes e a gravidade das lesións en colisións laterais.

Para acadar este obxectivo, é esencial ter información detallada e actualizada, tanto do exterior coma do interior. A nosa participación no proxecto, como unha organización de investigación contratada pola empresa Innovaciones Microelectrónicas S.L. (ANAFOCUS), centrouse no desenvolvemento do sistema de visión cara fóra. Un sistema de visión estereoscópica detecta en tempo real a posición dos posibles obxectos que poidan impactar co vehículo, transferindo esta información a un sistema experto (desenvolvido por outro membro do consorcio) que, en caso de colisión, dispara os mecanismos de protección activa contra incendios (deseñados tamén por outros membros do consorcio).

Investigadores

Detalles

Data de execución:09/12/2008 - 31/12/2011
Consorcio
  • Dalphi Metal España, S.A. (líder)
  • Elecnor Deimos
  • Gestamp Automoción S.L.
  • Grupo Antolín
  • Innovaciones Microelectrónicas S.L. (Anafocus)
  • Magom (Manufacturas Goma, S.L.)
  • CiTIUS
Financiado porPrograma CENIT, Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN), CENIT-2008-1031
Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN)
Contratado por: Innovaciones Microelectrónicas S.L. (Anafocus)
30.gif

Programas científicos