QPET_RADIOMICS: Advanced image quantification for personalized cancer treatments

QPET_RADIOMICS: Advanced image quantification for personalized cancer treatments

Descrición

O Proxecto QPET_RADIOMICS expón o desenvolvemento das actividades necesarias para a comercialización dun novo sistema de soporte á decisión clínica baseado no uso de parámetros derivados de imaxes PET de pacientes de cancro de mama e de imaxe PET e RMI de pacientes con deterioración cognitiva.

O sistema estará centrado no concepto de radiómica, tecnoloxía baseada na obtención de información clínica diagnóstica e prognóstica a partir de parámetros cuantitativos das imaxes médicas. A investigación previa demostra a alta capacidade da radiómica para poder predicir tipos de tumores en oncoloxía e a evolución da deterioración cognitiva en neuroloxía. Ademais, a tecnoloxía radiómica non necesita de probas adicionais polo que o servizo poderase ofrecer a un custo extremadamente baixo. Permite unha medicina máis personalizada e con maiores taxas de supervivencia ao axudar a discriminar entre os posibles tratamentos en función da súa efectividade.

De forma máis específica, o proxecto expón a posta en valor das ferramentas de procesado de imaxe avanzada, as bases de datos de estudos oncolóxicos e as bases de imaxes de neuroloxía que foron desenvoltas en proxectos previos do Servizo de Medicina Nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), líderes do proxecto. A contribución do CiTIUS ao proxecto céntrase principalmente no desenvolvemento de novos sistemas baseados en aprendizaxe automática (machine learning) para a clasificación automática de subtipos tumorais en cancro de mama e para a predición da evolución de pacientes con deterioración cognitiva cara á enfermidade de Alzheimer, a partir dos datos obtidos sobre imaxes PET- RMI no proceso de radiómica.

Obxectivos

O proxecto estrutúrase nas seguintes tres fases:

FASE 1: Protección da Propiedade Intelectual. Inclúe a protección das bases de datos, o rexistro do software e a realización dun estudo de liberdade operacional para a futura patentabilidade do sistema.

FASE 2: Integración de ferramentas en QPET- RADIOMICS. Inclúe a integración de desenvolvementos previos nunha plataforma web, o desenvolvemento de novos sistemas de clasificación automática, e a realización de estudos de usabilidade e reproducibilidade.

FASE 3: Plan de transferencia e lanzamento beta. Inclúe a obtención de certificacións, o lanzamento da beta do sistema e a difusión do mesmo.


A colaboración do CiTIUS centrarase na fase 2, concretamente no desenvolvemento de novos sistemas de clasificación de subtipos de tumores de mama e a predición da evolución da deterioración cognitiva cara á enfermidade de Alzheirmer, mediante técnicas de aprendizaxe automática e predición aplicadas aos parámetros cuantitativos no proceso de radiómica.

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/01/2018 - 31/12/2019
Financiado porConvocatoria de proyectos de desarrollo tecnológico en Salud, Instituto de Salud Carlos III,
Instituto de Salud Carlos III

Programas científicos